top of page

MEMBROS

Beatriz Méndez

actriz e directora

 

  É membro da compañía dende o 2004, pero antes xa formara parte do English Theatre Group da USC. Está a estudar Licenciatura en Historia, estudos que compaxina co Ciclo Superior de Producción Audiovisual, Radio e Espectáculos. 

   Pertenceu durante 5 anos á Aula de Teatro da USC dirixida por Roberto Salgueiro. Acadou o premio a mellor actriz na XIII Mostra de Teatro Universitario de Galicia.

Carla Capeáns

actriz e directora

 

  Entrou a formar parte de NNC Teatro no ano 2011 coa montaxe "Esperando a Godot". Licenciada en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, Carla Capeáns pertenceu durante 3 anos á Aula de Teatro da USC dirixida por Roberto Salgueiro.

   Dende o ano 2008 escribe o blog www.teatrogalego.com  ademais de ter colaborado como crítica teatral na revista dixital "Letra en Obras".

Roi Méndez

actor e director

 

  Entrou a formar parte de NNC Teatro no ano 2010 coa montaxe "Peza para dous actores". Este Enxeneiro técnico en informática de sistemas pertenceu durante 4 anos á Aula de Teatro da USC dirixida por Roberto Salgueiro.

   Acadou o premio ao mellor actor na XIV Mostra de Teatro Universitario de Galicia pola súa intervención en "Santa Perpetua".

Paula Díaz

actriz

 

  É membro da compañía desde o 2004, pero antes xa formara parte do English Theatre Group (1996 - 2003) da USC.

   Licenciada en Filoloxía Inglesa pola Universidade de Santiago de Compostela, Paula Díaz acadou o premio á mellor actriz na X Mostra de Teatro Universitario de Galicia pola súa intervención en "Fin de partida". 

bottom of page